Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51159

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2014/40-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Ourense.

Denominación: modificación proxecto LMT, CT Soutopenedo.

Situación: San Cibrao das Viñas.

Características técnicas: LMT aerosubterránea a 20 kV de 95 m en aéreo con condutor LA110/116,2 mm2 e 157 m en subterráneo con condutor RHZ1 e con orixe na LMT principal sub. Celanova a San Cibrao, cerca da saída a LMT Loiro 32CA68 e remate no CT proxectado Soutopenedo de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 59.570,57 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 19 de novembro de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense