Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51143

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 5 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a planta de valorización e almacenamento de residuos perigosos e non perigosos que Galiza Verde, S.L. posúe no concello de Padrón (A Coruña) (clave 2014-IPPC-I-45).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

«Proxecto básico e estudo de impacto ambiental para a solicitude da autorización ambiental integrada da instalación Galiza Verde, S.L. Parque Empresarial de Pazos, Padrón, parcela 21 bis (A Coruña)».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes. Os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2014-IPPC-I-45.

Peticionaria: Galiza Verde, S.L.

Domicilio social: lugar de Rivadulla, s/n, Carcacía 15914 Padrón (A Coruña).

Localización da instalación: Parque Empresarial de Pazos, parcela nº 21 bis, 15917 Padrón (A Coruña).

Actividade: planta de valorización e almacenamento de residuos perigosos e non perigosos.

Descrición: Galiza Verde, S.L. encárgase da recollida, transporte, almacenamento e, nalgúns casos, da valorización dos residuos perigosos e non perigosos xerados por Pemes que principalmente se dedican ás artes gráficas, carpintaría, talleres de automoción e construción naval.