Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51142

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (280/2014).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 280/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Xavier Díaz Gómez, Ana Isabel Bastida Porto contra Juan Carballal Argüello, sobre ordinario, se ditou Decreto 754/2014, de data 10 de novembro de 2014, declarado firme no día de hoxe, polo cal se declarou a insolvencia total, que se entenderá para todos os efectos como provisional, do executado Juan Carballal Argüello (DNI: 33858836-F) pola suma de 12.339,68 euros (8.224,95 € + 4.114,73 € (10 % de 8.224,95 € artigo 29.3 ET desde a data da acta de conciliación SMAC, 10.7.2009, ata data de sentenza, 11.7.2014, 1.827 días), en concepto de principal, máis outros 1.233,97 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, o que se fai público para os efectos previdos no artigo 276.5 da Lei reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2014

A secretaria xudicial