Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51145

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 10 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para o centro de transferencia e valorización de residuos industriais que Alansu Galicia, S.L. posúe no concello de Cerceda (A Coruña) (clave 2014-IPPC-I-30).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, a contar a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– Proxecto básico de solicitude de autorización ambiental integrada de centro de transferencia e valorización de residuos industriales. Alansu Galicia, S.L. Outubro de 2014.

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes. Os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2014-IPPC-I-30.

Peticionaria: Alansu Galicia, S.L.

Domicilio social: Polígono Industrial O Acevedo, parcela nº 30, 15185 Cerceda (A Coruña).

Localización da instalación: Polígono Industrial O Acevedo, parcela nº 30, 15185 Cerceda (A Coruña).

Actividade: centro de transferencia e valorización de residuos industriais.

Descrición: a actividade actual da planta consiste no acondicionamento, agrupamento e almacenamento temporal de residuos industriais no centro de transferencia e a valorización de aceites minerais usados e outros residuos hidrocarburados. Realizarán unha serie de novas actividades na planta, que constará de tres fases, fase 1: incrementarase a capacidade de almacenaxe do centro de transferencia; fase 2: instalarase unha segunda liña de tratamento de residuos hidrocarburados incorporando unha primeira fase de decantación; fase 3: incorporarase unha liña de tratamento das augas contaminadas producidas na propia planta e externas. Para a xestión de todos os residuos admitidos na planta, téñense en conta as seguintes liñas:

– Almacenamento de residuos perigosos e non perigosos.

– Valorización de aceites minerais usados e outros residuos hidrocarburados.

– Tratamento das augas contaminadas que se xeran na propia planta durante o tratamento e a valorización de aceites e residuos hidrocarburados e de augas contaminadas externas.

Verteduras: as augas residuais pluviais da cuberta das naves son vertidas directamente á rede de pluviais do polígono sen tratamento previo; as augas residuais pluviais do patio son tratadas nun separador de aceites e graxas antes da súa vertedura á rede de pluviais do polígono; as augas residuais sanitarias son vertidas directamente ao colector do polígono sen tratamento previo e, instalada a fase 3, existirá a vertedura destilada procedente do evaporador que será tratada antes da súa vertedura á rede de augas residuais do polígono.