Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 12 de decembro de 2014 Páx. 51082

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación da subministración, en réxime de arrendamento, de dispositivos de impresión.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia: Administración electrónica. c) Nº de expediente: 7075-113.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición: subministración, en réxime de arrendamento (renting), de dispositivos de impresión e o software asociado para a súa xestión integral. b) CPV: 30120000-6. c) División por lotes: non. d) Lugar de entrega: Concello de Vigo.
e) Prazo de execución: cinco (5) anos.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: os consignados no punto 9 da folla de especificacións do contrato (FEC) do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base: 742.920 euros (IVE incluído).

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono 986 81 01 48 e fax 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non se exixe. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no punto 6) da folla de especificación do contrato (FEC).

8. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará o día 9 de xaneiro de 2015. b) Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da FEC. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 2.000 euros.

Vigo, 27 de novembro de 2014

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación