Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 12 de decembro de 2014 Páx. 51084

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de procedemento aberto para a contratación da subministración de combustible para o parque móbil e de maquinaria na zona de influencia da planta de transferencia de residuos sólidos urbanos en Beade.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de combustible para o parque móbil e de maquinaria da Deputación de Ourense na zona de influencia da planta de transferencia de RSU en Beade, cun tipo de licitación de 25.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono 988 31 75 40 e fax 988 31 75 02 ou na páxina web da deputación www.depourense.es.

Ourense, 17 de novembro de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense