Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 12 de decembro de 2014 Páx. 51081

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial do expediente expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta, para a obtención de terreos afectados pola acción IS-06.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 27 de outubro de 2014, acordou aprobar inicialmente o expediente expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta, para os efectos da obtención de terreos afectados pola acción IS-06, que afecta as parcelas catastrais 15042A003001800000KQ, 15042A003001820000KL, 2218204NH3921N0001GY, do Plan especial de infraestruturas de servizo do SXIS de abastecemento de auga e de saneamento de augas residuais do concello da Laracha, segundo o proxecto expropiatorio redactado para o efecto.

O proxecto de expropiación sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, cos documentos sinalados no artigo 143 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos respectivos dereitos.

A Laracha, 18 de novembro de 2014

José Manuel López Varela
Alcalde