Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 12 de decembro de 2014 Páx. 51080

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de información pública (expediente 2013/47/3).

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente 2013/47/3, tramitado por instancia de Auto Bar Spain, S.A., representada por Manuel Busto Ces, para a concesión de licenza de apertura e funcionamento dun almacén de distribución polivalente que se instalará na parcela G-2 do polígono industrial de Bergondo deste termo municipal.

O prazo será de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia. O expediente está á disposición do público, no Servizo de Urbanismo deste concello, co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que crea oportunas.

Bergondo, 11 de novembro de 2014

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa