Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50847

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2014 pola que se adhiren dúas entidades financeiras ao convenio de colaboración para a habilitación dunha liña de avais para facilitarlles ás pemes galegas, auxiliares da construción naval, o acceso ao financiamento operativo adicional.

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 23 de xullo de 2014, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras para a habilitación dunha liña de avais do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para facilitarlles ás empresas galegas auxiliares do sector naval o acceso ao financiamento operativo adicional, instrumentadas mediante convenio coas entidades colaboradoras. Sendo as ditas bases publicadas mediante Resolución do 22 de setembro de 2014
(DOG nº 186, do 30 de setembro).

Xunto co texto das ditas bases publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.

Ao ratificarse o 13 e o 18 de novembro de 2014, respectivamente, a adhesión das entidades financeiras Banco Pastor, S.A. e Banco Popular Español, S.A., cómpre facelo público.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12.a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e do artigo 11.1.a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Igape,

RESOLVO:

Único. Engadir as entidades financeiras Banco Pastor, S.A. e Banco Popular Español, S.A. á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio de colaboración para a habilitación dunha liña de avais do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para facilitarlles ás pemes galegas, auxiliares da construción naval, o acceso ao financiamento operativo adicional, asinado o 22 de setembro de 2014.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2014

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica