Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50848

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2014, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala superior de estatísticos/as, pola que se lle dá publicidade a diversos acordos referentes ao quinto exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 2 de decembro 2014, o tribunal designado pola Orde do 4 de febreiro de 2014 (DOG núm. 33, do 18 de febreiro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala superior de estatísticos/as,

ACORDOU:

Primeiro. Que de conformidade co establecido na base II.1.1.5 da orde da convocatoria, superou o quinto exercicio obtendo a cualificación de apto a aspirante Carla Elena de la Herrán de Blas con DNI 50737479-P.

Segundo. Realizar os trámites oportunos para a publicación da puntuación obtida pola aspirante presentada ao quinto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala superior de estatísticos/as, na Escola Galega de Administración Pública, no taboleiro de anuncios do Servizo de Rexistro Xeral e Información á cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, a aspirante poderá presentar as alegacións que considere oportunas con relación á puntuación no prazo de 10 días contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2014

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal