Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50849

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2014, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala superior de estatísticos/as, pola que se fai público o aspirante que superou o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 2 de decembro de 2014, o tribunal designado pola Orde do 4 de febreiro de 2014 (DOG núm. 33, do 18 de febreiro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala superior de estatísticos/as, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución o aspirante que superou o proceso selectivo con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, o aspirante disporá dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que o aspirante que figura nela sexa proposto para o seu nomeamento como funcionario de carreira.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2014

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal

Anexo

NIF

Apelidos e nome

1º ex.

2º ex.

3º ex.

4º ex.

5º ex.

Total

oposición

Total

concurso

Total

35473745V

Leirós Alonso de Velasco, Jaime

67,14

58,17

83,50

77

Exento

285,81

9,32

295,13