Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50845

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 9 de decembro de 2014 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 2 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

A Orde do 2 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 111, do 12 de xuño), establece na súa disposición adicional sexta, na cal se recollen os créditos que financian a orde, que estes importes poderán ser obxecto de modificacións, como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento de emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da dita orde, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de persoas beneficiarias posible.

Por todo o exposto e en uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, regulado no anexo A da Orde do 2 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 111, do 12 de xuño), nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias que figuran dotadas nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014:

– 11.02.322C.481.0, código de proxecto 2012 00604, na contía de 137.506,30 euros.

– 11.02.322C.481.0, código de proxecto 2012 00605, na contía de 1.579,24 euros.

– 11.02.322C.472.6, código de proxecto 2010 00796, na contía de 79.246,14 euros.

– 11.02.322C.472.6, código de proxecto 2012 00606, na contía de 93.166,47 euros.

– 11.02.322C.472.6, código de proxecto 2014 00522, na contía de 10.000 euros.

– 11.02.322C.481.0, código de proxecto 2014 00521, na contía de 70.000 euros.

Artigo 2

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2014

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar