Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50859

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de modificación (2775/2012).

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Social da Coruña

Secretaria: Sra. Freire Corzo-RMR*

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 2775/2012

Xulgado de orixe/autos: demanda 583/2011. Xulgado do Social número 4 de Ourense

Recorrente: José Feijóo Sousa

Avogado: Antonio Valencia Fidalgo

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, mutua Fremap, Margraex Combarro, S.L.

Avogados: Servizo Xurídico da Seguridade Social (provincial), Guillermo Amigo Estrada

Emilio Fernández de Mata

Pilar Yebra-Pimentel Vilar

Raquel Naveiro Santos

A Coruña, 31 de outubro de 2014.

Vistas as presentes actuacións da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza, composta polos citados, de acordo co prevido no artigo 117.1 da Constitución española,

En nome da Súa Maxestade El-rei, e pola autoridade que lle confire o pobo español, ditou o seguinte:

Auto.

No recurso de suplicación 2775/2012, interposto polo letrado Antonio Valencia Fidalgo, en nome e representación de José Feijóo Sousa, sendo maxistrado-relator Emilio Fernández de Mata, e deducíndose das actuacións habidas os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. Que nesta sala se seguen actuacións do recurso de suplicación que co nº 2775/2012 se rexistraron na Sala.

Segundo. O 16 de setembro de 2014, esta sala ditou sentenza desestimatoria do recurso de suplicación interposto polo, no seu día, demandante José Feijóo Sousa que foi notificada ás partes e, con data do 23.10.2014, a representación letrada da Administración da Seguridade Social presentou escrito, en nome e representación do INSS e o TXSS, en que solicita a aclaración da sentenza, no sentido de que se corrixa o erro material cometido, pois no encabezamento da sentenza, así como no feito probado primeiro e na resolución, aparece como recorrente José Feijóo Novoa, cando en realidade é José Feijóo Sousa.

Á vista dos anteriores antecedentes de feito, esta sala formula os seguintes:

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O artigo 267 da Lei orgánica do poder xudicial dispón que «1. Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que conteñan.

2. As aclaracións a que se refire o punto anterior poderanse facer de oficio dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou por petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo; neste caso será resolta polo tribunal dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración.

3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento.

4. As omisións ou defectos que poidan conter sentenzas e autos e que sexa necesario remediar para levalas plenamente a efecto poderán ser emendadas, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecido no punto anterior.

5. Se se tratar de sentenzas ou autos que omitisen manifestamente pronunciamentos relativos a pretensións oportunamente deducidas e tramitadas no proceso, o tribunal, por solicitude escrita de parte no prazo de cinco días contados desde a notificación da resolución, logo de traslado da dita solicitude ás demais partes, para alegacións escritas por outros cinco días, ditará auto polo cal resolverá completar a resolución co pronunciamento omitido ou que non procede a completala.

6. Se o tribunal advertir, nas sentenzas ou autos que dite, as omisións a que se refire o punto anterior, poderá, no prazo de cinco días contados desde a data en que se diten, proceder de oficio, mediante auto, a completar a súa resolución, pero sen modificar nin rectificar o que acordase.

7. Do mesmo xeito ao establecido nos puntos anteriores, o secretario xudicial procederá cando se precise aclarar, rectificar, emendar ou completar os decretos que ditase.

8. Non caberá recurso ningún contra os autos ou decretos en que se resolva acerca da aclaración, rectificación, corrección ou complemento a que se refiren os anteriores puntos deste artigo, sen prexuízo dos recursos que procedan, de ser o caso, contra a sentenza, auto ou decreto a que se refira a solicitude ou actuación de oficio do tribunal ou do secretario xudicial.

9. Os prazos para os recursos que procedan contra a resolución de que se trate interromperanse desde que se solicite a súa aclaración, rectificación, corrección ou complemento e, en todo caso, comezarán a computarse desde o día seguinte ao da notificación do auto ou decreto que recoñecese ou negase a omisión do pronunciamento e acordase ou denegase remediala».

Segundo. Partindo da disposición mencionada, e estudados os autos, procede aclarar o recollido no antecedente de feito segundo desta resolución. En consecuencia,

A sala acorda:

Rectificar a sentenza ditada o 16 de setembro de 2014 no sentido de corrixir o erro material cometido e, por iso, facer constar no encabezamento da sentenza, así como no feito probado primeiro e na resolución que o recorrente é José Feijóo Sousa.

Contra este auto non cabe recurso ningún, salvo os que procedan contra a sentenza da que dimana este auto.

Así, por este auto, acórdano, mándano e asínano comigo, secretario da Sala, que dou fe.