Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50557

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Laxe

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan parcial da zona da Agra.

Este concello, con motivo da terse aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación Municipal, na sesión ordinaria que tivo lugar o 8 de novembro de 2013, o Plan parcial, solo urbanizable número 2 da zona da Agra, desta localidade de Laxe e municipio, cuxo proxecto foi redactado polos arquitectos Alfredo Garrote Pazos, Mónica Mesejo Conde, Iria Pérez Miranda e Ignacio Lázaro Quintela, de conformidade co relacionado no documento de referencia (punto 8), procedeu á súa publicación polo prazo dun mes no Diario Oficial de Galicia núm. 234, do 9 de decembro de 2013. O dito prazo contarase a partir do día seguinte ao da publicación en tal diario oficial, para os efectos da súa información pública, e con anterioridade xa se fixera esta, mediante o anuncio pertinente no xornal La Voz de Galicia, edición de Bergantiños-Soneira-Fisterra (publicouse o mesmo neste o 17 de novembro de 2013) e no Diario de Bergantiños (publicouse neste último o 14 de novembro de 2013 na edición de Bergantiños).

Non obstante o anterior, omitiuse facer mención en tales anuncios a que simultaneamente se expoñía tamén ao público o informe de sustentabilidade ambiental orixe do dito plan parcial, polo que agora se verifica este someténdose ao trámite de exposición pública deste último polo prazo de corenta e cinco días de acordo co previsto no artigo 10.2 da Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia. Ao mesmo tempo, tamén se publicará anuncio de tal exposición en dous xornais dos de maior difusión da provincia, como son La Voz de Galicia, edición de Bergantiños-Soneira-Fisterra, e Diario de Bergantiños.

Durante esta fase de consulta e de exposición ao público calquera interesado poderá consultar o expediente e, de ser o caso, formular as alegacións que xulgue oportunas. Este trámite considérase de emprazamento para os ditos efectos.

Laxe, 17 de novembro de 2014

Antonio Carracedo Sacedón
Alcalde