Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 18 de novembro de 2014, da Área Provincial de Lugo, polo que se require a retirada dos mobles da vivenda desocupada, de titularidade deste instituto, situada na rúa Miño, 14, 1º A, Lugo, a aquelas persoas que acrediten o seu dereito a eles (expediente LU-2007/CH01, conta 20).

Requírense aquelas persoas que puidesen ter dereito sobre os mobles que están na vivenda desocupada, de titularidade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situada na rúa Miño, número 14, 1º A, Lugo, para que, unha vez acreditado o dereito, os retiren do inmoble no prazo de quince días a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo consideraranse bens abandonados para todos os efectos, segundo o establecido no artigo 703.1 da Lei de axuizamento civil.

Para proceder á entrega dos utensilios deberán dirixirse á Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo (avenida Ramón Ferreiro, 28, 27001 Lugo; teléfonos: 982 24 46 21/02).

Expido, asino e selo este anuncio.

Lugo, 18 de novembro de 2014

Mª del Mar Gómez Pardo
Xefa da Área Provincial de Lugo