Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50555

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 17 de novembro de 2014, da Área Provincial de Ourense, pola que se lle comunica á arrendataria o acordo de incoación de expediente sancionador ao titular da vivenda (expediente PSF 04/14).

Mediante esta cédula comunícaselle á persoa que se menciona no anexo o acordo de incoación do expediente sancionador á titular da vivenda, sita na avenida de Buenos Aires, nº 100, 2º B, de Ourense, polo incumprimento das obrigas establecidas na Lei de vivenda de Galicia para o depósito das fianzas en relación co contrato de arrendamento do 7 de outubro de 2014, por non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos, de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 17 de novembro de 2014

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: PSF 04/14.

Arrendataria: Raquel Lois Gómez.

Enderezo: rúa Mercado, nº 23, 1º A, 32001 Ourense.