Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de novembro de 2014 pola que se notifica a resolución dos recursos potestativos de reposición interpostos contra a Resolución do 4 de novembro de 2013 ditada nos expedientes número IU1/140/2012-R1 e IU1/140/2012-R2, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o día 14 de outubro de 2014, a resolución pola cal se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 4 de novembro de 2013 ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade urbanística número IU1/140/2012 que fora incoado polas obras consistentes en parcelación urbanística e obras de construción de edificacións, soleiras de formigón e peches que se levaron a cabo no lugar de Campos de Pousada, As Travesas, parroquia de Santa Mariña de Beira, no termo municipal de Carral, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Jesús Manuel Rodríguez Vieites, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á citada interesada a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística