Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50546

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2014 pola que se fai pública a formalización da contratación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de atención ás persoas usuarias dos sistemas e medios TIC da Xunta de Galicia e ámbitos dependentes (CAU periférico) (expediente 66/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de atención ás persoas usuarias dos sistemas e tecnoloxías da información da Xunta de Galicia e ámbitos dependentes.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 22 de maio de 2014.

DOUE: 17 de maio de 2014.

BOE: 31 de maio de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 1.382.400,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 460.800,00 €, máis 96.768,00 € que corresponden ao IVE (21%), o que supón un total de 557.568,00 €

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 21 de outubro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 17 de novembro de 2014.

c) Contratista: Tecnocom, Telecomunicaciones y Energía, S.A.

Importe de adxudicación: 417.450,00 € (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia