Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2014 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de soporte técnico para o mantemento hardware e software en diversos centros dependentes da Xunta de Galicia (expediente 13/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 13/2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: prestación do servizo de mantemento hardware e software en diversos centros dependentes da Xunta de Galicia.

b) División por lotes e número: si, 2.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 18 meses contados a partir da data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 702.000,00 €, máis 147.420,00 € en concepto de IVE (21 %), o que supón un total de 849.420,00 €, que se distribúe por lotes como segue:

Lote 1: mantemento hardware e software dos equipos de posto de traballo e sistemas audiovisuais e multimedia dos centros da Rede CeMIT, CDTIC e sala de consellos da Xunta de Galicia e o servizo de soporte técnico especializado para o uso dos ditos equipos:

2015: 208.800,00 € + IVE (43.848,00 €) = 252.648,00 €.

2016: 104.400,00 € + IVE (21.924,00 €) = 126.324,00 €.

Total: 313.200,00 €+ IVE (65.772,00 €) = 378.972,00 €.

Lote 2: mantemento hardware e software dos equipos de posto de traballo nos centros da área de Santiago e contorna:

2015: 259.200,00 € + IVE (54.432,00 €) = 313.632,00 €.

2016: 129.600,00 € + IVE (27.216,00 €) = 156.816,00 €.

Total: 388.800,00 € + IVE (81.648,00 €) = 470.448,00 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21679

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 12.1.2015, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro da AMTEGA.

2. Enderezo: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: correrán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío ao DOUE: 2.12.2014.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia