Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 5 de decembro de 2014 Páx. 50310

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación (expediente 38/14).

Por Decreto da Alcaldía do 11 de novembro de 2014, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 38/14).

2. Obxecto do contrato: servizo de axuda no fogar.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto/suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: 656.731,68 € (626.052 € máis 30.679,68 € da aplicación dos diferentes tipos de IVE para aplicar, polo prazo de dous anos (con posibilidade de dúas prórrogas dun ano).

5. Prezos máximos unitarios: para horas de dependencia 15,08 €/hora (14,50 €/hora máis 0,58 € en concepto de IVE (4 %) e para horas de libre concorrencia 15,95 €/hora (14,50 €/hora máis 1,45 € en concepto de IVE (10 %).

6. Garantías: garantía definitiva: 5 % do orzamento de licitación (IVE excluído).

7. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 17.11.2014.

8. Prazo de presentación das proposicións: 27.12.2014, ás 13.00 horas. Este anuncio será publicado no Boletín Oficial del Estado e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

9. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

11. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 17 de novembro de 2014

José Nelson Santos Argibay
Alcalde