Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 5 de decembro de 2014 Páx. 50309

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación (expediente 05/14).

Por Decreto da Alcaldía do 11.11.2014, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 05/14).

2. Obxecto do contrato: acordo marco para a subministración sucesiva de material de vestiario destinado ao persoal do Concello do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: 48.000 €/anuais (IVE incluído), ata o 30.12.2015 (prorrogable un ano).

5. Lotes: lote 1 por importe de 18.000 €/anuais (IVE incluído) destinado a vestiario do persoal laboral; lote 2 por importe de 20.000 € /anuais (IVE incluído) destinado ao vestiario da Policía Local e lote 3 por importe de 10.000 €/anuais (IVE incluído) destinado a material adicional para a Policía Local.

6. Prezos unitarios máximos: os establecidos no prego de prescricións técnicas.

7. Garantías: non.

8. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

9. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

10. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 11 de novembro de 2014

José Nelson Santos Argibay
Alcalde