Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 5 de decembro de 2014 Páx. 50311

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deporte Galego

ANUNCIO da convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel, primeira fase de axudas GaliciaRío-excelencia deportiva.

Bases: na sede da Fundación Deporte Galego. Estadio Multiúsos de San Lázaro, porta 4, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), ou na páxina web oficial
deporte.xunta.es. Teléfono: 881 99 98 40. Fax: 881 99 98 42.

Lugar de presentación: a instancia de solicitude e a documentación correspondente presentaranse no Rexistro da Fundación Deporte Galego: Estadio Multiúsos de San Lázaro, porta 4 (15781 Santiago de Compostela). Os/as interesados/as poderán tamén presentar as súas instancias mediante correo certificado, nos termos previstos no Real decreto 1829/1999, do 3 de decembro, que aproba o Regulamento dos servizos postais.

Prazo: o prazo de presentación das solicitudes será de 10 días naturais contados desde o seguinte día da publicación do anuncio destas bases no Diario Oficial de Galicia.

Resolución: conforme os criterios establecidos nas bases, o prazo máximo para ditar e notificar aos/ás interesados/as a resolución expresa das axudas finalizará o 31 de decembro de 2014.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2014

José Ramón Lete Lasa
Vicepresidente executivo da Fundación Deporte Galego