Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 4 de decembro de 2014 Páx. 50096

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de servizo suxeito a regulación harmonizada para o desenvolvemento dunha campaña de difusión e divulgación social en materia de augas en Galicia e deseño dun plan de comunicación a medio prazo para Augas de Galicia (clave OH.988.342.SV), cofinanciado nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Número de expediente: OH.988.342.SV.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación del sector público
https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://www.augasdegalicia.xunta.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: desenvolvemento dunha campaña de difusión e divulgación social en materia de augas en Galicia e deseño dun plan de comunicación a medio prazo para Augas de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 79341400-0 e 79341200-8.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S104, do 31 de maio de 2014; Diario Oficial de Galicia núm. 104, do 3 de xuño de 2014 e Boletín Oficial del Estado núm. 138, do 7 de xuño de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 438.016,24 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 438.016,24 euros. Importe total: 529.999,65 euros. Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea, durante o seu prazo de execución, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: Medio ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos, tema prioritario ou medida 45: xestión e distribución da auga potable. Actuación: 3.45.6: medidas cuxo obxectivo sexa concienciar os cidadáns de que a auga é un recurso valioso e escaso e da necesidade do seu uso responsable. Unha maneira de facer Europa.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 16 de outubro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 6 de novembro de 2014.

c) Contratista: Taller de Técnicas Creativas, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 431.416,24 euros. Importe total: 522.013,65 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos que se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2014

P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia