Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 4 de decembro de 2014 Páx. 50099

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 18 de novembro de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación e prego de cargos do expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/132/2014, devolta polo servizo de Correos por resultar o destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, acordou o día 13 de outubro de 2014, incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade entre outros a Carlos Enrique Gónzalez García, por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar do Porto, Mougás, termo municipal de Oia (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo, mediante a presente cédula e, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística