Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 4 de decembro de 2014 Páx. 50100

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 18 de novembro de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística derivado do expediente PON/142/2013-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa interesada ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 17 de outubro de 2014, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na instalación dunha vivenda prefabricada, unha caseta prefabricada, unha carpa e obras de pavimentación, na rúa Rosalía de Castro, número 49, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra, e dar traslado ao Concello de Nigrán das actuacións consistentes na construción dun muro de peche de parcela e instalación de piscina de plástico desmontable, co fin de que o alcalde adopte, no exercicio das súas competencias, todas as medidas necesarias para a protección da legalidade urbanística.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo á entidade Construcciones Armesto e Hijos, S.L., mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que estime pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística