Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 4 de decembro de 2014 Páx. 50093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 20 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-0676/2014-PPM e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notificáselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-PO-0676/2014-PPM e sete máis.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

Vigo, 20 de novembro de 2014

Manuel Lago Molares
Instrutor

ANEXO

Expediente: PSC-PO-0676/2014-PPM.

Persoa interesada: Brais Vázquez Vázquez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Ramiráns, nº 13, 2º D, O Porriño.

Expediente: PSC-PO-0703/2014-PPM.

Persoa interesada: Ángel Lorenzo Carro.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Os Castriños, nº 14, A Illa de Arousa.

Expediente: PSC-PO-0705/2014-PPM.

Persoa interesada: José Isidro Gancedo Cruz.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Real, nº 21, 4º esquerda, A Coruña.

Expediente: PSC-PO-0742/2014-PPM.

Persoa interesada: Miguel Lago Pereira.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Alameda Suárez-Llanos, nº 11, baixo esquerda, Vigo.

Expediente: PSC-PO-0753/2014-PPM.

Persoa interesada: Eduardo Villanueva Olmo.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: barrio Igrexa, Vilar de Infesta, 125, Redondela.

Expediente: PSC-PO-0786/2014-PRE.

Persoa interesada: Marian Matei.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Marina, 11 (Portonovo), Sanxenxo.

Expediente: PSC-PO-0787/2014-PRE.

Persoa interesada: Marian Geanta.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Marina, 11 (Portonovo), Sanxenxo.

Expediente: PSC-PO-0801/2014-PRE.

Persoa interesada: Ionut-Bogdan Geanta.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Marina, 11 (Portonovo), Sanxenxo.