Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 4 de decembro de 2014 Páx. 50085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 7 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, para a publicación de varias notificacións.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e en virtude do disposto nos artigos 71 e 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (de agora en diante LRXAP-PAC), ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, cos requirimentos de documentación nos procedementos instados polos/as interesados/as, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da LRXAP-PAC, para que no prazo de quince (15) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, presenten a documentación requirida, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo), advertíndolles que, de non facelo así, se terán por notificados/as para os efectos que se sinalan ao pé deste edicto.

Lugo, 7 de outubro de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nombre y apellidos: Alberto Pérez Barreiro.

DNI: 33335632F.

Número de expediente: 27/00292-I/14.

Petición de datos/documentos mínimos:

Certificación do padrón municipal en que conste expresamente o tempo de residencia legal dos períodos exixidos, se é o caso:

Residencia legal polo menos durante 5 anos.

Dous destes cinco anos deberán ser consecutivos e inmediatamente anteriores á data da solicitude.

No caso de que estivese empadroado en distintos concellos, para os efectos de cumprir coas datas de residencia legal, deberá presentar certificado de cada concello, ata cubrir os períodos requiridos.

Deberá remitir os datos bancarios para o pagamento da pensión, indicando claramente a entidade, debendo figurar como titular da conta o interesado, co número de conta correspondente.

Efectos de non acreditar a documentación requirida:

Logo do transcurso do prazo indicado sen que se reciban os datos e/ou documentos que lle solicitamos, terase por desistido da súa solicitude, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE número 12, do 14 de xaneiro), que modifica parcialmente a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro).