Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 4 de decembro de 2014 Páx. 50081

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de novembro de 2014 pola que se publica o trámite de audiencia da baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, do centro/entidade Xunqueira Textil de Ourense S. Coop. (número de censo: 32C00460) e trinta e tres máis (devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 60.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e por razóns de economía e eficacia, notifícaselles aos/ás centros/entidades que se relacionan no anexo, o trámite de audiencia da baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar:

O artigo 8.1.c) do Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que a Dirección Xeral de Emprego e Formación poderá acordar a baixa, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, dos centros e entidades cando se produza a baixa no ficheiro de especialidades formativas de todas as especialidades que teñan inscritas ou acreditadas.

Comprobouse que todas as especialidades que tiñan inscritas/acreditadas as entidades/os centros que se relacionan no anexo causaron baixa no Ficheiro de Especialidades Formativas, polo que, previo ao acordo da súa baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, e de conformidade co disposto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, póñolle de manifesto a antedita causa de baixa, e comunícolles que dispoñen dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta cédula, para que aleguen e presenten os documentos e xustificacións que estimen pertinentes.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2014

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Núm. de censo

Centro/Entidade

Enderezo

32C00460

Xunqueira Textil de Ourense, S. Coop

R/ Casares

Xunqueira de Ambía

Ourense

15C01007

Idea e Producto, Neboa, S.L.

R/Areosa, s/n, «Vivero de Empresas»

As Pontes de García Rodríguez

A Coruña

15C00909

Confecciones Aboyo, S.L.

Rúa Aboy-Céltigos

Frades

A Coruña

36C00853 e

36C00928

Creaciones Enmanuel, S.L.

Rúa Barreiro, 12 P.I. de Botos

Lalín

Pontevedra

27C00342

A Academia, C.B.

Rúa Alexandre Bóveda, número 1

Foz

Lugo

15C00900

Bingo Fontiñas, S.L.

R/ Área Central, soto 1, cuadrante SE

15707 Santiago de Compostela

A Coruña

27C00138

Grupo CETSSA Seguridad, S.A.

Avda. das Américas, 103

27004 Lugo

Lugo

36C00065 e

36C00081

Maquinaria Agrícola Estradense

Rúa Marín, 16-18

A Estrada

Pontevedra

32C00185

Onda Orense TV

Rúa do Mercado, 55, baixo

32001 Ourense

Ourense

27C00338

Tres Pasitos Cantina Mexicana-Yuri Huanay

Avda. Galicia, 26

27400 Monforte

Lugo

15C00608

CIOFI

R/ García Prieto, 5, entresollado A

15706 Santiago de Compostela

A Coruña

15C00114

TARFER

Rúa Capitán Juan Varela, 46

15007 A Coruña

A Coruña

27C00359

Taller de Confección Muralla, S.L.

Rúa Concepción Arenal, 55, entresollado

27004 Lugo

Lugo

36C01109

Rizo Belle 2, S.L.

Rúa Calvo Sotelo, número 5, baixo

36003 Pontevedra

Pontevedra

36C00734

Plutton Park, S.A.

Avda. de Peinador, 59

Tameiga-Mos

Pontevedra

36C00761

Playa de Compostela, S.A.

Avda. Rosalía de Castro, 81

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

27C00070

Panadería la Madrileña

Rúa pintor Luís Seoane, 19

27003 Lugo

Lugo

15C00943

Tres agullas, S.C.

Estrada Miraflores. Urbanización El Nogal, B, s/n

15250 Muros

A Coruña

15C00125

Compumática Galicia, S.L.

Praza Maestro Matero, número 4 B

15004 A Coruña

A Coruña

15C00108

Academia A.T.V.

Rúa Sánchez Calviño, 54, entresollado

15402 Ferrol

A Coruña

15C00839

Fundación Centro Galego do Vidro

Estrada San Lorenzo-Vidán, s/n

15705 Santiago de Compostela

A Coruña

27C00318

Academia Alba

Rúa Ramón y Cajal, número 2, entresollado

Chantada

Lugo

32C00444

Academia Alba

Rúa do Progreso, número 40, baixo

Ribadavia

Ourense

27C00280

Aula Centro de Estudios y Tecnologías, S.L.

Rúa dos Pepes, número 1, entresollado

27800 Vilalba

Lugo

32C00487

Carrasco Freiría, Rosa María

Rúa Amor Ruibal, número 7

32005 Ourense

Ourense

15C00754e

15C01013

CEM

Rúa Rolda de Nelle, 26-1º

15005 A Coruña

A Coruña

15C00095

Micro Santiago, S.A.

Rúa Gómez Ulla, número 14, baixo

Santiago de Compostela

A Coruña

32C00141

Norsoft, S.L.

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 15-1º

Ourense

Ourense

32C1213

Mancomunidade de Verín (Centro Interpretación do Viño)

Rúa Progreso Vilaza, número 34

Monterrei

Ourense

32C00515

Galinfotel

Rúa Hermanos Moreno, número 22, baixo

Verín

Ourense

15C00937

Galipiel Confección Gallega, S.L.

Rúa Vía Diesel, número 1, porta A

15890 Santiago de Compostela

A Coruña

36C00113

Meta, S.L.

Rúa Sanjurjo Badía, número 31, baixo

36207 Vigo

Pontevedra

32C00495

S. Coop. San Expedito

Estrada Cea, número 35, baixo

O Carballiño

Ourense

32C00160

Academia Alcar Lidian, S.L.

Rúa Concejo, número 7-1º

32003 Ourense

Ourense