Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 4 de decembro de 2014 Páx. 50079

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 11 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicos os inicios de procedemento de reintegro das axudas pola contratación indefinida inicial, regulada na Orde do 4 de maio de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 7 de maio), relativa aos expedientes TR348A 2010/43-2 e 2010/103-2.

Intentada a notificación destes acordos, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (Boletín Oficial del Estado do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

De conformidade co previsto no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselles aos interesados un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poidan formular as alegacións e presentar a documentación que xulguen pertinente, ante esta xefatura territorial.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 11 de novembro de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR348A 2010/43-2.

Nome: Campo Blanco, C.B.

DNI/NIF: E27391630.

Axuda: subvención pola contratación indefinida inicial.

Último enderezo coñecido: avenida Coruña, 60, baixo, 27003 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa subvencionada durante un período de tres anos desde a data de realización da contratación.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR348A 2010/103-2.

Nome: Kanoura Fish, S.L.

DNI/NIF: E27342492.

Axuda: subvención pola contratación indefinida inicial.

Último enderezo coñecido: Pto. Celeiro, Peirao Sur, 17, 27863 Viveiro (Lugo).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa subvencionada durante un período de tres anos desde a data de realización da contratación.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.