Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 3 de decembro de 2014 Páx. 49942

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 18 de novembro de 2014 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente LUG/12/2013-R1, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o domicilio da destinataria.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia a Purificación Veiga López, no expediente número LUG/12/2013-R1, en relación co recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 30 de xuño de 2014, da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se resolve o expediente de reposición da legalidade en relación coa instalación dunha planta fixa de aglomerado no lugar de Morgade, no termo municipal do Saviñao, provincia de Lugo.

O expediente mencionado está á disposición da interesada nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar as alegacións que xulgue procedentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística