Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 3 de decembro de 2014 Páx. 49943

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2014 pola que se fai pública a formalización da contratación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de desenvolvemento de diversos espazos e servizos na rede para a Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 80/2014).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento de funcionalidades para evolucionar a presenza da administración pública na internet así como os servizos e contidos que se ofertan a través do portal internet e da intranet.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 4.7.2014.

DOUE: 3.7.2014.

BOE: 8.7.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 1.879.200,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 626.400,00 € mais 131.544,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 757.944,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 7.10.2014.

b) Data de formalización do contrato: 3.11.2014.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe de adxudicación: 689.700,00 € (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia