Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 3 de decembro de 2014 Páx. 49921

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a participación pública o documento preliminar do Plan de xestión da pesca fluvial do couto de Parga (Guitiriz-Lugo).

Antecedentes:

O Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, indica no seu artigo 68 que os plans de xestión dos recursos piscícolas serán elaborados polos servizos provinciais de Conservación da Natureza.

Por proposta do Servizo de Conservación da Natureza, a Xefatura Territorial de Lugo resolve someter á participación pública o Plan de xestión dos recursos piscícolas do couto de Parga, no río Parga, no concello de Guitiriz.

Resolución:

Primeiro. Abrir un período de participación ao público do documento do Plan de xestión dos recursos piscícolas do couto de Parga durante un prazo de vinte (20) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aqueles interesados que se consideren directamente afectados poidan remitir observacións e opinións mediante escrito dirixido ao Servizo de Conservación da Natureza da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla baixo 2, Lugo 27071, ou ao enderezo de correo electrónico conservacion.natureza.lugo@xunta.es, poñendo no asunto «Plan xestión Parga».

Segundo. O documento poderá ser examinado durante o citado prazo nos seguintes lugares:

– Servizo de Conservación da Natureza da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Lugo.

– Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

– Páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

http://www.cmati.xunta.es/, na epígrafe de pesca fluvial (proposta de Plan de xestión da pesca fluvial para o couto do río Parga).

Lugo, 24 de outubro de 2014

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo