Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 3 de decembro de 2014 Páx. 49923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 12 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a decisión de non someter o Plan especial de infraestruturas e dotacións en solo e subsolo para vías da unidade de actuación número 35 do Plan xeral de ordenación urbanística na rúa de Antón Fraguas, concello de Pontevedra, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica.

Faise pública a decisión do 11 de novembro de 2014 de non someter o Plan especial de infraestruturas e dotacións en solo e subsolo para as vías da unidade de actuación número 35 do Plan xeral de ordenación urbanística na rúa de Antón Fraguas, concello de Pontevedra, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, en cumprimento do disposto no artigo 4 da devandita lei.

Esta decisión pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código: 1672/2014.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental