Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 2 de decembro de 2014 Páx. 49823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 3 de novembro de 2014 polo que se someten ao trámite de información pública os mapas estratéxicos de ruído dalgunhas estradas da Rede Autonómica de Galicia da zona de Santiago de Compostela.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, está a promover a segunda fase dos mapas estratéxicos de ruído das vías pertencentes á Rede Autonómica de Estradas de Galicia. Estes mapas deséñanse para avaliar globalmente a exposición ao ruído nunha zona determinada debido á existencia de distintas fontes de ruído, realizar predicións globais na dita zona e así mellorar a calidade acústica no noso contorno.

Por todo isto, e de conformidade co disposto na Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no Real decreto 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a citada lei, e no Real decreto 1038/2012, do 6 de xullo, polo que se modifica o real decreto anterior, sométense á información pública os mapas estratéxicos de ruído das estradas que a seguir se relacionan:

Estrada

Zona de Santiago de Compostela

Treito/s

Clave

Concello/s

AG-56

A Rocha (SC-20)-Brión (AC-543)

0+000 ao 12+320

AC/13/039.09.1

Santiago de Compostela, Ames, Brión

AG-59

Santiago de Compostela (AP-53)-Pontevea (AC-841)

0+000 ao 4+390

AC/13/039.09.2

Teo

AC-543

Vidán (rotonda de Brandía)-Noia (AC-550)

6+040 ao 7+280

AC/13/039.09.3

Ames

AC-544

Bertamiráns (AC-543)-Negreira (AC-546)

0+000 ao 8+000

AC/13/039.09.4

Ames, Brión, Negreira

A duración da información pública será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, período en que poderán ser examinados polas persoas que o desexen, co obxecto de formularen as correspondentes alegacións ou suxestións que consideren oportunas.

A exposición ao público, para os efectos do presente anuncio, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela) e nas respectivas casas dos concellos. Así mesmo, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas) está á disposición dos interesados o documento completo de cada un dos treitos referenciados.

Por outra banda, as observacións deberán enviarse á Axencia Galega de Infraestruturas ou poderán ser remitidas a través do seguinte enderezo de correo electrónico:
mapas-ruido.infraestruturas@xunta.es, indicando claramente a actuación á cal van dirixidas e os datos persoais (nome e apelidos, NIF/CIF, enderezo de notificación, número de teléfono e enderezo de correo electrónico) da/s persoa/s interesada/s.

O que se fai público para xeral coñecemento en cumprimento do disposto no artigo 14 da Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas