Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 1 de decembro de 2014 Páx. 49603

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

ANUNCIO de acordos de inicio de expediente de reintegro de axudas ao estudo.

Ao non poderse levar a cabo a notificación persoal aos interesados, segundo o disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e en aplicación do disposto no mesmo artigo, deben publicarse, para os efectos de notificación, os acordos de inicio de expedientes de reintegro de axudas ao estudo. Durante o prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados terán á súa disposición os expedientes para que, de acordo co artigo 84 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, aleguen e presenten os documentos e xustificantes que xulguen pertinentes ante a Universidade da Coruña. Pavillón de Estudantes, Campus de Elviña, 15071 A Coruña. Teléfono: 981 16 70 00, extensión 2362.

Interesado: Chaves López, Breogán. R/ San Vicente, 46-5º D, 15007 A Coruña.

NIF: 53484875P.

Importe: 2.985 €.

Curso: 2012/2013.

Causa: 2.13.

A Coruña, 3 de novembro de 2014

Teresa González Martínez
Xefa da Sección de Bolsas