Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 1 de decembro de 2014 Páx. 49590

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de novembro de 2014 pola que se notifica a orde de suspensión das obras ditada no expediente LUG/167/2014-S1, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 15 de outubro de 2014, resolución pola que se ordena a suspensión inmediata das obras que se executan en solo rústico, sen a autorización urbanística autonómica, consistentes na reforma e ampliación dunha edificación tradicional (na cal, primeiramente, foi realizada unha ampliación tanto en altura como en superficie, modificáronse os ocos da fachada, abríronse novos ocos e engadiuse un soportal e, posteriormente, construíuse un novo corpo acaroado de dúas plantas con cuberta a tres augas), na realización de obras auxiliares desta reforma e ampliación (a preparación do terreo mediante movementos de terra e construción dun muro de contención rematado en pedra a modo de bancal de gran tamaño, así como a construción dunha soleira arredor da edificación tradicional ampliada), e na reforma da cuberta da outra edificación existente na parcela (que foi prolongada por un lateral e na cal se eliminou a parte que voaba sobre un corredor existente, o que modificou a súa composición e deseño inicial), levadas a cabo, todas elas no lugar dos Queixeiros, parroquia de Líncora, no termo municipal de Chantada, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a Jesús González Vázquez, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, poderá interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística