Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 1 de decembro de 2014 Páx. 49592

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de novembro de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/023/2014-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 15 de outubro de 2014, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística Mª del Carmen González Acevedo e a Jesús Manuel Rodríguez Vieites, en relación coas obras realizadas en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na execución de tres edificacións nunha parcela sita no lugar de Campos de Pousada, As Travesas, parroquia de Beira, no termo municipal de Carral, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle aos interesados o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba en que se concreten os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística