Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 28 de novembro de 2014 Páx. 48898

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 13 de novembro de 2014 pola que se fai pública a ampliación de crédito existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 6 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas con lousa, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN314A), publicada no Diario Oficial de Galicia número 121, do 27 de xuño de 2014.

O día 27 de xuño de 2014 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 6 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas con lousa, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN314A).

Na antedita orde prevíase que as subvencións que se establezan para as actuacións obxecto destas axudas serán con cargo á aplicación orzamentaria 08.03.734A.780.0 «Plan renove de cubertas de lousa», en que o orzamento máximo destinado a esta convocatoria é de 200.000,00 euros.

No artigo 3 das bases reguladoras da Orde do 6 de xuño de 2014 establécese que se poderá ampliar o crédito máximo destinado a esta convocatoria cando o aumento veña derivado da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Do mesmo xeito, recóllese que a ampliación de crédito se publicará nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

De acordo co anterior, unha vez declarada a dispoñibilidade de crédito na convocatoria de axudas para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivendas existentes (código de procedemento IN316A) e do reaxuste de proxectos correspondente, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

DISPOÑO:

Artigo único

Ampliar o importe total do crédito das axudas establecidas na Orde do 6 de xuño de 2014 (DOG número 121, do 27 de xuño) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas con lousa, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN314A), por un importe de 53.831,70 euros con cargo á aplicación orzamentaria 08.03.734A.780.0 «Plan renove de cubertas de lousa».

Unha vez efectuada esta ampliación, o importe total destas axudas ascende a 253.831,70 euros.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2014

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía e Industria