Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 28 de novembro de 2014 Páx. 48914

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos/as ambientais.

En sesión que tivo lugar o día 21 de novembro de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 30 de abril de 2014 (DOG núm. 92, do 15 de maio), modificada pola Orde do 13 de xuño de 2014 (DOG núm. 119, do 25 de xuño) da Consellería de Facenda para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos/as ambientais, convocado pola Orde do 11 de outubro de 2013 (DOG núm. 199, do 17 de outubro), adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Anular, con base nas alegacións presentadas:

As preguntas número 63 e 76, do cuestionario que pasan a ser substituídas, por orde correlativa, polas preguntas de reserva número 81 e 82.

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Terceiro. Que, de acordo co establecido na base II.1.1.1 da orde de convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos, fixándose en cincuenta e cinco (55) o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na dita base.

Cuarto. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polos/as aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos/as ambientais, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Rexistro Xeral e Atención á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na página web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Quinto. Que de acordo co disposto na base II.1.2.7 da orde da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o/a conselleiro/a competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2014

Alfonso Barreiro Filgueira
Presidente do tribunal