De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle e outórgaselle audiencia ao titular do establecemento da provincia da Coruña que se relaciona, no procedemento de baixa e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.
O titular dispón dun prazo de quince (15) días para facer as alegacións que considere pertinentes e poderá examinar o expediente e obter copia dos documentos contidos nel na Área Provincial da Coruña.
A Coruña, 13 de novembro de 2014
María Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
ANEXO
Establecemento: hotel de dúas estrelas rústico, gastronómico Punta Couso.
Titular: Ponce Monte, S.L.
NIF: B82473216.
Enderezo: A Graña, 44.
Concello: Ribeira.