1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizo
b) Descrición do obxecto: servizo para o asesoramento especializado, apoio estratéxico e coordinación das iniciativas que se desenvolverán no marco para a implantación efectiva do expediente xudicial electrónico e Administración electrónica xudicial.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.
e) Data de publicación do anuncio de licitación:
DOG: 12.5.2014.
DOUE: 8.5.2014.
BOE: 24.5.2014.
3. Tramitación e procedemento.
a) Procedemento: aberto.
b) Tramitación: ordinaria.
4. Valor estimado do contrato: 1.206.000,00 €.
5. Orzamento base de licitación: 402.000,00 € máis 84.420,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 486.420,00 €.
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 25.9.2014.
b) Data de formalización do contrato: 22.10.2014.
c) Contratista: Pricewaterhousecoopers Asesores de Negocios, S.L.
d) Importe de adxudicación: 413.190,80 € (IVE do 21 % incluído).
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2014
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia