1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizo
b) Descrición do obxecto: servizo de análise, desenvolvemento e implantación dos inventarios de información administrativa da Xunta de Galicia.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.
e) Data de publicación do anuncio de licitación:
DOG: 21.5.2014.
DOUE: 10.5.2014.
BOE: 24.5.2014.
3. Tramitación e procedemento.
a) Procedemento: aberto.
b) Tramitación: ordinaria.
4. Valor estimado do contrato: 387.200,00 €.
5. Orzamento base de licitación: 193.600,00 € máis 40.656,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 234.256,00 €.
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 23.9.2014.
b) Data de formalización do contrato: 20.10.2014.
c) Contratista: Altia Consultores, S.A.
d) Importe de adxudicación: 199.123,65 € (IVE do 21 % incluído).
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2014
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia