1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizo.
b) Descrición do obxecto: servizo de almacén de equipamento e xestión do inventario dese almacén para equipamento TIC da Xunta de Galicia.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.
e) Data de publicación do anuncio de licitación:
DOG: 4.6.2014.
3. Tramitación e procedemento.
a) Procedemento: aberto.
b) Tramitación: ordinaria.
4. Valor estimado do contrato: 193.500,00 €.
5. Orzamento base de licitación: 77.400,00 €, mais 16.254,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 93.654,00 €.
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 2.10.2014.
b) Data de formalización do contrato: 14.10.2014.
c) Contratista: Inforhouse, S.L.
d) Importe de adxudicación: 84.700,00 € (IVE do 21 % incluído).
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2014
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia