Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 27 de novembro de 2014 Páx. 48857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2014 pola que se anuncia a declaración de deserta da licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de desenvolvemento de aplicacións para a xestión da rede corporativa da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 26/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 26/2014.

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20601.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento de aplicacións de xestión da rede corporativa da Xunta de Galicia para substitución das ferramentas actuais.

b) División en lotes: si.

c) Medio de publicación do anuncio:

DOG: 10 de xuño de 2014.

BOE: 21 de xuño de 2014.

DOUE: 6 de xuño de 2014.

d) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 6 meses contados a partir da data de formalización do contrato.

e) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 165.150,00 €, máis 34.681,50 € en concepto de IVE (21 %), o que supón un total de 199,831,50 €.

5. Formalización do contrato:

a) Estado: deserto.

b) Data da declaración: 5 de novembro de 2014.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia