De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona a incoación do expediente sancionador OU-S-83/2014, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.
Dispón dun prazo de quince (15) días para presentar, ante a instrutora do procedemento, alegacións, documentos e informacións que xulgue convenientes, así como propoñer que se practiquen os medios de proba de que pretenda valerse.
Expediente: OU-S-83/2014.
Titular sancionado: Alfredo Gómez Fidalgo.
Establecemento: Montecarlo.
Domicilio: Lepanto, 11.
Localidade: Ourense.
Incoación: 22 de outubro de 2014.
Precepto infrinxido: artigo 109.2.f) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.
Ourense, 13 de novembro de 2014
Antonio Aguarón Turrientes
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense