De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
O acto obxecto de notificación foi adoptado polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e pola instrutora do procedemento sancionador.
A comparecencia debera efectuarse no prazo de dez días que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao último día do prazo fixado.
Lugo, 31 de outubro de 2014
Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: LU-RES 2014/101.
Denunciado: Koualla El Ahmayani.
Acto notificado: proposta de resolución do procedemento sancionador.
Expediente: LU-RES 2014/105.
Denunciados: Marian Cretu e Vasile Zanfir.
Acto notificado: proposta de resolución do procedemento sancionador.
Expediente: LU-RES 2014/164.
Denunciado: Anghel Marin.
Acto notificado: acordo de inicio do procedemento sancionador.
Expediente: LU-RES 2014/180.
Denunciado: Ionel Stefan.
Acto notificado: acordo de inicio do procedemento sancionador.