1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Obtención da documentación e información:
1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.
2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 1, 2º andar.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
4º. Teléfonos. Información de índole técnica: 981 54 62 29 e 981 54 62 24, e información de índole administrativa: 981 54 42 59, 981 54 45 17 e 981 95 78 22.
5º. Fax: 981 54 42 39.
6º. Correos electrónicos:
natalia.lobato.mosquera@xunta.es; manuel.perez.gonzalez@xunta.es, ou
ou rafael.juanatey.mayan@xunta.es
7º. Enderezo da internet do perfil de contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21571
8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.
d) Número do expediente: 2015-SEXU 01-AMP.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato administrativo de subministración.
b) Descrición: subministración sucesiva e por prezos unitarios de mobiliario de oficina con destino aos órganos xudiciais de Galicia.
c) División por lotes e número de lotes/Número de unidades:
– Lotes: non leva lotes.
– Número de unidades: as indicadas no anexo B do prego de prescricións técnicas.
d) Lugar de execución: o indicado na letra M da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
e) Prazo de execución: 12 meses.
f) Admisión de prórroga: non.
g) CPV: 39130000-2. Mobles de oficina.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.
b) Procedemento: aberto.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: os establecidos na letra J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato: 165.294,79 €.
5. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 165.294,79 €.
Importe total: 200.006, 97 €.
6. Garantías exixidas.
Provisional: non se exixe.
Definitiva: 5 % do importe de licitación (IVE incluído).
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e finalizará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, salvo que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.
b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.
c) Lugar de presentación.
1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.
2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Admisión de variantes: non procede.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.
9. Apertura de ofertas.
a) Lugar: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Data e hora: terá lugar en acto público, ás 12.00 horas, o décimo día natural seguinte ao da data de finalización do prazo de presentación das proposicións; de coincidir sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.
10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2014
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza