Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

CÉDULA do 6 de novembro de 2014 pola que se fai pública unha relación de resolucións relativas aos expedientes da convocatoria publicada a través da Resolución do 6 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 23 de abril) correspondente ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4 y 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), faise pública a relación de resolucións relativas á convocatoria publicada a través da Resolución do 6 de febreiro de 2014 (DOG do 23 do abril) correspondente á avaliación previa ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión, e que intentada a súa notificación no domicilio indicado polos interesados, non se puido practicar. Estas resolucións foron ditadas polo presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, en virtude das competencias atribuídas no artigo 22 dos estatutos da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia aprobados pola Resolución do 10 de decembro de 2008 (DOG do 20 de xaneiro de 2009).

As persoas citadas no anexo deberán comparecer persoalmente ou debidamente representadas, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (5ª planta do CIFP Compostela, rúa Lamas de Abade, s/n, 15702, Santiago de Compostela), para ter coñecemento do contido das resolucións e deixar constancia da súa notificación, advertindo que, en caso de non comparecer no prazo indicado, se considerarán notificadas cos efectos que lle correspondan.

As citadas resolucións poñen fin á vía administrativa e poderase interpoñer contra elas, por parte dos/as interesados/as, recurso de reposición ante o presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas ou do procedemento administrativo común, no prazo dun mes, ou ben ser impugnadas directamente en vía contencioso-administrativa, de conformidade co artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2014

Miguel A. Santos Rego
Presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación

ANEXO

Nome

Identificación

Expediente

Viviana Fernández Marcial

32729682S

266/1-14-D

Xurxo Dopico Calvo

32650087T

195/1-14-D

Rosa Carballo Rial

16261184T

326/1-14-D

Mª Carmen Fernández Morante

13796672F

88/1-14-D

Mª Teresa Pajares Vales

02185957Z

58/1-14-D

Mª Jesús Dios Viéitez

15810777W

301/1-14-D

Araceli Mercedes Liste Fernández

35287801M

255/1-14-D

Guillermo Francés Pedraz

07835287S

63/1-14-D

José Luis Tuimil López

32627203R

374/1-14-D

María Vera Isasa

22966671K

366/1-14-D

María Julia Cristóbal Ortega

00797183A

233/1-14-D

Mará Rosario Babío Arcay

33244280B

39/1-14-D

Ana Gude Fernández

33321663E

216/1-14-D

Eliseo Iglesias Soler

35454602X

277/1-14-D