Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras, por procedemento aberto, tramitación ordinaria e documentalmente simplificado, do acondicionamento de intersección no punto quilométrico 3+500 da PO-331 (clave PO/12/022.06) (expedientes E/039/2014 e E/041/2014).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, ao abeiro das competencias atribuídas polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o Estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, resolveu formalizar os seguintes contratos administrativos de obras:

I. Acondicionamento de intersección no p.q. 3+500 da PO-331. Clave: PO/12/022.06. Expediente: E/039/2014.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: clave: PO/12/022.06 (E/039/2014).

2. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp? N=21000

3. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: acondicionamento de intersección no p.q. 3+500 da PO-331.

c) CPV: 45233000-9.

4. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

5. Valor estimado do contrato: 265.267,63 €.

6. Orzamento base de licitación: importe neto: 265.267,63 €. Importe total: 320.973,83 €.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 30 de outubro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 5 de novembro de 2014.

c) Adxudicataria: Construccións, Obras e Viais, S.A. (COVSA).

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 222.294,27 €. Importe total: 268.976,07 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a economicamente máis vantaxosa.

II. Reparación da travesía da Pobra de San Xiao (Láncara) LU-621. Clave: LU/02/039.01.1. Expediente: E/041/2014.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: clave: LU/02/039.01.1 (E/041/2014).

2. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp? N=21064

3. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: reparación da travesía da Pobra de San Xiao (Láncara) LU-621.

c) CPV: 45233000-9.

4. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

5. Valor estimado do contrato: 400.918,56 €.

6. Orzamento base de licitación: importe neto: 400.918,56 €. Importe total: 485.111,46 €.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 30 de outubro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 5 de novembro de 2014.

c) Adxudicataria: Construcciones Isidro Otero, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 329.675,33 €. Importe total: 398.907,15 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas