Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48727

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de novembro de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística derivado do expediente PON/494/2014, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu interesado ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 17 de outubro de 2014, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes nunha edificación con tipoloxía de vivenda unifamiliar, grella e soleira no lugar de Formigueira, baixada a Area de Bon, Beluso, no termo municipal de Bueu, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Ramón Villanueva Porto, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba que concrete os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística